Continue the discussion

Published

May 1, 2025

Andar nas redes sociais como pequeno negocio ou emprendedor é unha aventura constante. Que se cambios de algoritmos inesperados, novas redes que aparecen e desaparecen máis rápido do que tardamos en entendelas, bailes virais imposibles de seguir, e unha audiencia que parece que nunca está contenta… Ás veces dá a sensación de que sería máis fácil emigrar ao monte e dedicarse ao pastoreo dixital, non si?

Pero non desesperedes! María Sierra, xornalista e especialista en comunicación dixital baixo a súa marca Pasquino Comunicación, vai ensinarnos como non só sobrevivir, senón prosperar neste mundo cambiante. Descubriremos con ela como crear contido que realmente funcione, como usar WordPress para facer webs que comuniquen e vendan, e sobre todo, como facer un plan de comunicación adaptado ao voso xeito, porque cada negocio é único e merece o seu propio camiño dixital.

Con humor, moito sentido práctico e unha chea de exemplos reais, María axudaranos a perderlle o medo ás redes sociais e a aproveitalas ao máximo sen perder a nosa identidade nin a nosa saúde mental.

Presentation Slides »

Rate this:

Event

WordPress Meetup Lugo 6

Speakers

María Sierra 1

Language

Galician/Galego 39

Download
MP4: Low, Original
Subtitles
Subtitle this video →
Producer