Folla de ruta
WordPress está en continuo desenvolvemento. Actualmente, a Fase 2 do proxecto Gutenberg concluíu formalmente con WordPress 6.3, e a Fase 3 (Colaboración) está a ser explorada. O proxecto Gutenberg é unha reimaxinación da forma en que xestionamos o contido na web. O seu obxectivo é ampliar o acceso á presenza web, a base do éxito das empresas modernas.
A fase 1 foi o novo editor de bloques, Gutenberg, lanzado en WordPress 5.0. En 2021 e 2022 centrámonos en incluír a edición completa do sitio (fase 2) en WordPress. Isto introduciu o editor do sitio e un conxunto de capacidades de edición que permiten aproveitar os bloques para o seu uso na totalidade da web. A fase 3 é a edición colaborativa, tamén coñecida como fluxos de traballo, xa que inclúe características para os fluxos de traballo e a colaboración en tempo real. Consulta a páxina de resumo de características dos proxectos para obter máis información sobre a edición do sitio, os seus compoñentes e outros traballos sobre características activas.
Para apoiar a visión establecida no último State of the Word, o proxecto ten os seguintes obxectivos xerais para 2024:
- Probar, iterar e enviar Fase 3 do proxecto Gutenberg.
- Segue apoiando á comunidade mediante aprendizaxe, eventos e mentorización de colaboradores actuais e futuros.
- Abordar a dificultade de mover plataformas a través do proxecto Liberación de Datos, así como axilizar os procesos de revisión existentes nos repositorios de proxectos.
Queres participar? Diríxete a Make WordPress e coñece á xente que desenvolve, deseña, documenta, traduce e comercializa WordPress.
Future releases
There are no additional major versions planned for the 2025 calendar year. The project currently plans for the release of one major version per year. Follow changes in progress for the next major version in our issue tracker. Projected dates below are for rough planning purposes only.
Versión | Planificado |
---|---|
6.9 | Tentatively 2026 |
7.0 | Tentatively 2027 |
As novas características conxélanse un mes antes do lanzamento, pondo completamente o foco na calidade e no rendemento da versión.
Podes consultar unha lista de versións anteriores na nosa páxina de historia.
Folla de ruta a longo prazo
A modo de recordatorio, estas son as catro fases descritas no proxecto Gutenberg:
- Edición sinxela: Xa dispoñible en WordPress, con melloras continuas.
- Personalización — Edición completa do sitio, padróns de bloques, directorio de bloques, temas de bloques
- Colaboración — Unha forma máis intuitiva de ser co-autor de contido
- Multilingüe — Implementación do núcleo para sitios multilingües